03/06/25

Horarios Olimpíada Escolar

 Estimadas familias:

Aquí deixamos o horario da Olimpíada Escolar que se disputará o vindeiro sábado 7 de xuño nas pistas de atletismo da Xunqueira.

A cor amarela é para o alumnado de 6° de primaria.

A cor verde, para o alumnado de 4° e 5° de primaria.

A cor azul, para o alumnado de 2° e 3° de primaria.

A cor rosa, para o alumnado de 6° de infantil e 1° de primaria.

O alumnado de 4° e 5° de infantil pechará a competición coa carreira de 230 m/l ás 19:10 horas.



02/06/25

Festival das Letras Galegas

Xa podedes consultar os blogs dos diferentes cursos para volver ver as diferentes actuacións do Festival das Letras Galegas. Aquí vos deixamos a actuación das Salgharitiñas, que abriron o festival.

Música entrada e saída

 


29/05/25

O grupo de pandereteiras "Salgharitas" veñen cantarnos

 Continuando coa conmemoración das Letras Galegas, onte, as pandereteiras "Salgharitas" viñeron cantarnos a todas e todos unhas cantas cancións tradicionais.

Grazas por vir visitarnos!




27/05/25

Logo do festival das Letras Galegas...

 A Banda do Patio, retoma a "dura" vida dos ensaios... 😉

18/05/25

Día das Letras Galegas

 O cole de Quintela conmemora o Día das Letras Galegas levando un broche en forma de pandeireta feitos na impresora 3D.